Theodor     Fecha  12/04/2004 12:32 
Sistema: Windows XP

Admin: Borrar mensaje Sátiras y aforismos do Brecht Galaico (que son eu)
Mensaje
Este é o mellor dos mundos posibles praos intelectuais do capitalismo neoliberal : falar de "economía de guerra en tempos de paz" é ser "realistas", pero avogar por unha cultura de paz é ser un "utópico".Polo visto, no mellor dos mundos posibles hai que aforrar e traballar pras futuras guerras; non quixera eu saber cómo sería para eles o peor dos mundos posibles.

--

Antes, pra alivia-la dor existencial, collíase unha pluma e un papel; o resultado era "crime e castigo" de Dostoievsky.Agora, están as pílulas da felicidade e os antidepresivos; e o resultado é unha falsa felicidade.

--

Todos insisten en poñer como imperativo categórico a búsqueda da felicidade, insístese neste imperativo dunha maneira tan compulsiva que me resulta xa bastante sospeitoso.¿será que só se busca o que non se ten?.

--

Poucos adultos hai que non se abraien cando observan o descaro e a inocencia dos nenos; e moitos adultos hai que non permiten estas virtudes ós adultos.

--

Ás veces dá a impresión de que "facerse maior" é unha máxima que consiste en cansarse prematuramente da vida.Ante tal máxima prefiro tirar de chupete ata os cincoenta.

--

O caldo de cultivo prao despotismo na política é a desmemoria, disque o soño de moitos estadistas sempre foi unha sociedade civil con Alzheimer.Recordemos, entón : Non houbo ningún gobernante en España que non estivese afectado polo atávico virus do belicismo; os balcans e Irak son realidades que non olvidamos, pero polo visto o relatorio histórico sempre oscila entre o eufemismo e a cruda realidade; a memoria colectiva funciona como a individual : mira cara adiante pra olvidar os erros do pasado e agárrase á Fe nos tempos mellores; pero ás veces o exercicio desa Fe ten como consecuencia unha perda brutal de memoria; unha cousa é a Fe, outra ben diferente os feitos, e esto son feitos : a política de estado que se practicou en España recorreu sempre ata o de agora á "guerra preventiva".Digoo pra que ninguén se olvide, e logo se bote as mans á cachola exclamando : "!qué decepción!".

-----

Bertolt Brecht dicía cousas claras en dez liñas.Os estadistas de hoxe en día precisan catro discursos e non logran sair da ambiguedade; pero xa se sabe que unha cousa é o arte, e outra ben diferente, a política.!Horroroso paradoxo!, a política recurrindo á ambiguedade e o arte buscando a claridade.

-----

Cando non hai más remedio que facer da necesidade, virtude, o irracional pode chegar a converterse en racional. O mellor exemplo témolo na loubanza ó traballo e ó sacrificio que se facía en moitas igrexas do rural. Ignoro se agora se fai o mesmo, pois non adoito eu a visitar tales sitios; pero o certo é que un pode entender porqué a igrexa segue a divinizar certas virtudes : a igrexa conxela o devir e o cambio social, no seu momento divinizou o sacrificio e o traballo porque eran virtudes precisas para a física supervivencia; vivir no rural en tempos do franquismo non daba saída a practicar outras virtudes.O pracer revélase sempre contra o sufrimento, ¿qué fixo a igrexa pra evita la "rebelión do pracer" no rural galego?, convertir ó sufrimento en virtude e ó pracer en pecado : esta curiosa filosofía foi o motor de toda a nosa vida privada e pública durante trinta e seis anos, a pesares do pacto constitucional, coido que aínda eramos cativos pra democracia, e coido que aínda estmos recuperando todo o atraso cultural e político que perdemos durante eses tres escuros decenios.

---

Un extraterrestre baixou á Europa e preguntou cal era o noso Deus."Non sei" -respondeulle un despistado- "pero seica adoita a levar un madeiro nas costas" : O extraterrestre foise ó día seguinte.

--

O home que padece a historia, interpretaa dunha forma moi diferente ó home que ten a oportunidade de participar nela.Éste ten que falar ó primeiro con certo aire patriarcal, ten que pedirlle incluso un pouco de Fe, pois precisa esa Fe pra gaña-lo seu voto de confianza. A historia non é unha substancia, non ten interpretación omnisciente algunha; pois ó igual que o individuo humillado asocia certos recordos con fortes sentimentos, así recordarán a historia os "humillados e ofendidos". O individuo que recorda con amor, odio ou saudade, non relata os feitos igual que o individuo que asiste indiferente ó espectáculo do mundo : as mesmas imaxes non espertan o mesmo sentimento en todo un auditorio, é por iso polo que fai tempo que deixei de crer na obxectividade. Se se me permite un lixeiro sarcasmo, direi que os que aquí en occidente visten unha palestina ó pescozo, estarán a mil anos luz de recorda-lo pasado como os fillos de moitos palestinos a recordaran cando sexan pais. Iso se lles deixan chegar ata esa ideade. Non, non é o mesmo asistir ao espectáculo pasivamente que participar nel : circunstancias diferentes son memorias diferentes.

---

Onte vin a imaxe máis estarrecedora da miña vida : un neno duns cinco anos con dous cartons baixo a sola dos seus zapatos, pisoteando os cartons coma se os mesmos lle queimasen a pranta dos pes. Os cartons levaban debuxadas as bandeiras de Israel e Estados unidos; o neno estaba imitando ós seus maiores, que facían o mesmo, e incluso animaban ó rapaz a seguir con tal ritual.Lecturas políticas aparte, o rapaz estaba aprendendo a odiar.

--

Se pablo Iglesias resucitase, volvería ó seu nicho pra fundar un sindicato de almas en pena. Coido que non gostaría moito de certos socialistas modernos.

--

Non adoito facer caso dos que glorifican á razón humana.A razón humana creou o dereito romano, ¿e non cantas inxustizas se cometeron non nome da "lex"?. Fai pouco presenciamos como o susodito dereito xustificaba a doma e castración de Irak; morreron miles de civiles. A razón humana é tamén satirizada por Castelao nas súas cousas : "lex, canto pesa e canto fede". O dereito romano, asignatura de obrigado estudio nas facultades, tampouco limitaba o afán imperialista das tropas dos Césares -supoño que por iso lle chamarían "romano", os "barbaros" non tiñan dereitos-. Poderiamos seguir poñendo exemplo tras exemplo, e dariamonos conta de que a lei pode xustificar o que o common sense non xustificaría nunca. Resumindo, non é a razón o que guía o comportamento dos homes, é a necesidade a que empuxa á razón a busca-las suas propias xustificacions...aínda que éstas precisen distorsiona-los feitos.

----

Eu confío na ciencia, nos homes xa non confiaría tanto; non é a musa da ciencia a que instrumentaliza o seu uso pra intereses meramente privados, esa musa ten un rostro ben máis ambiguo e maquiavélico : chámase Estado. Ámbalas cousas foron creadas polos homes : a ciencia e mailo susodito estado; cando estas dúas palabras entran en simbiose, cando política e ciencia se mesturan é caseque mellor poñerse a temblar, sobre todo se a primeira só busca lexitimar o uso interesado da segunda; témome que non fai falla que recorde o de Hiroshima,¿non?. Esta instrumentalización da ciencia pra intereses meramente individuais, para a anexión de novos territorios con novos recursos, para ameazar a estados a cambia-la súa política económica, para maximizar e multiplicar por vinte a eficiencia productiva das empresas...etc, ilustra ás claras que nunca foi "a comunidade" ou "o pobo" o que tivo verdadeira voz nas democracias-mercado, como tampouco é o a comunidade o pobo, entendido no senso romántico da palabra -o que a mín máis me gusta- o que ten decisión ou participación efectiva nas decisions de índole socio-económico. Ás veces un quixera crer na existencia dun Deus sabio e benevolente que utilizase con intelixencia os coñecementos científicos, esto é -lóxicamente- un desexo máis que unha realidade, poisque un, dende que é pequeno, adoitou a ser sempre un descreído.

Se o estado -creación humana- foi e é a proxección dos intereses individuais, se o estado foi e é o alicerce da "guerra preventiva" ou "legal", a única Fe posíbel que acode ó meu ser íntimo é a Fe na autoridade dun Deus benevolente; máis -honestamente- eu non podo afastarme das miña íntimas conviccions : Deus, estado e nación son creacions humanas...demasiado humanas, poisque polo contido destas verbas xa correu demasiado sangue.O deber de calquiera escritor con dignidade, sería poñer sempre a vida por diante das ideas, ou tentar capturar as ideas que defendan á vida...endexamais á morte.E tamén tería que se-lo seu deber moral afastarse das ideas que prometen o ceo -sexa éste neste mundo ou no outro- a coste de calquiera sacrificio humano.

---

O cidadán chantouse diante do político e ante o grupo de periodistas que o adulaban : "Desprézovos" -dixo-."¿porqué? -preguntou incrédulo un dos periodistas-."Porque vós facedes que xa non se sinta a dor allea".

(sen ánimo de xeneralizar)

---

Hoxe estaba fumando unha cigarreta mentras pensaba ó carón da fiestra : se a fórmula da gravidade creada por newton só é válida pra explica-la caída dos corpos na terra, namentres que a súa formulación é inservíbel na lúa. ¿cómo hai fillos bastardos da ciencia que teiman en pensar que a ciencia eo todo?, quizais están a punto de caer no erro no que caeron moitos teólogos : pensar que o seu Deus podía explica-lo universo enteiro...e aínda por riba tentar impoñérllelo ós demais. Tómese nota do comentario de Voltaire sobre Leibniz : "¿Leibniz?, menudo tolo, dende un pequeno recuncho de Alemania, postulou un Deus pra todo o mundo".

--
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               


Respuestas (1)
  • » Sátiras y aforismos do Brecht Galaico (que son eu) « - Theodor - 12/04/2004 12:32
    • II - Theodor - 12/04/2004 21:53



Volver al foro

Responder


Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Notificar por e-mail respuestas.
Mensaje