Theodor     Fecha  3/04/2004 20:16 
Sistema: Windows 98

Admin: Borrar mensaje ILDA.
Mensaje
Ilda
Ten sorriso tímido,evasivo;coma se baixo o mesmo escondese unha dor inconfesada,coma se te estivese observando na distancia.Os seus ollos lastiman,calan ó sol polo día...e relocen pola noitiña.Verde pálido,pero intenso.A pel é dun branco intenso,fráxil coma o seu sorriso,doce coma a súa voz;contrasta o branco da súa face e o verde intenso da mirada:a cor da pureza e a cor da esperanza,rodeando a calidez do seu xesto.A súa pel é un perigo,pois non se poden esconder as emocions nesa branca fermosura,as súas meixelas falan...cando pasan do branco ó vermello.É entón cando desvía a mirada,cando tenta ocultarse.Nunca o consegue,as meixelas delatan sempre esa súa timidez que tolo me volve.Rebosa tenrura,pero tamén certa malicia.É estoutro contraste o que lle dá ese aura de misterio,esa ambiguedade,que flota entre unha irresistíbel tenrura e unha fogaxe que transforma o meu cariño en paixón polo seu corpiño.Os beizos,pálidos e finos,perfilan unha boca pequena,que debezo por bicar a todas horas,pasa-la lingua pola liña dos seus beizos,xogar coa lingua coma raparigos...coas miña mans agarimando os seus peitos.Ilda é o único ser no mundo que me obriga -sen sabelo- a ser moderado e afábel,a pesares do meu sempre forte carácter,da miña mal asumida visceralidade;a pesares desta fogaxe,deste mal xenio de idealista que me proe e que me domina,deste sangue que non podo negar.Onte soñei con ela:viviamos na costa dun pobo pesqueiro,ela facendo poemas,eu cambiando o mundo;amándonos en perpetuo silencio,respectando profundamente a nosa soidade,falándonos coa mirada,co sorriso,poisque as verbas de pouco serven cando se quere,cando tentan dar razons ó que non a ten.Quéroa,máis non preciso que ela me queira.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               


Respuestas (1)



Volver al foro

Responder


Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Notificar por e-mail respuestas.
Mensaje