Theodor     Fecha  2/04/2004 21:47 
Sistema: Windows XP

Admin: Borrar mensaje Carta honesta a Manuel Fraga
Mensaje
Cando falo conmigo mesmo, ó carón da miña estufa, asáltanme pensamentos que non saben cara onde bulir, fantasmas ós que non quero falar, pero ós que teño que enfrontar.Penso nesta Galiza, na Galiza triste e desarraigada que non sae no ministerio da mentira da tvg, na Galiza cotidiana e sinxela que segue a emigrar, na Galiza da trastenda, pois todo país e toda realidade ten a súa trastenda, por moito que os profesionais da mentira prefiran ofrecer sonrisas profidén a realismo social.Os meus fantasmas seguen a roldar pola cabeza, teñen forma de imaxes, pero non encontran todavía verbas adecuadas, teñen íntimo significado pero non argumentación racional...todavía.Cando volvo ó rural, onde podo respirar tranquilidade e aire fresco e evadirme das tarefas da universidade, atópome con rúas desertas, sospeitosos e incómodos silencios, mulleres solitarias con sorriso amargo e evasivo, homes de mediana idade falando cun vaso denantes de acostarse; apurando unha última copa e poñendo os seus pensamentos en orde.Pensan que non se lles nota un dos rasgos característico do carácter galego : ese afán por rañar na chaga da existencia, de forza-lo pensamento pra calma- lo pulo vital das emocions; ese humor retranqueiro e malicioso que esconde a resignación traducida en inxenuo.Son éstes rasgos distintivos do imaxinario sensíbel dos galegos; tanto dos que o saben e o aceptan, coma dos que non o saben e lles dá igual, coma dos que o saben e non o aceptan, que tamén os hai.Certo é que cada persoa é un mundo,pero existen eses rasgos distintivos que, para ben ou para mal -no meu caso para ben-, adquírense no entorno social do que se mama.

A Galiza da trastenda emigra, vaise coa boca pecha, esconde anacos de vidas e memorias que foxen pola porta de atrás, namentres, o ministrio da mentira presenta o lado alegre da pasada xeración de emigrantes, para regocixo sentimental dos que caen na atávica saudade que nos caracteriza.Máis non tódalas saudades son iguais, está a saudade esperanzadora e cálida, pero tamén está a saudade que doe e dá punzadas niso que -disque- se chama alma; trátase da saudade do lado escuro da emigración.Esta Galiza que minte, presenta só a emigración dos que tiveron sorte, pero négase a falar dos emigrantes que a sufrirom coma un doloroso estigma; o proceso de creación de memoria colectiva cun contido "light" non é só obra deses revisionistas históricos que tapan a barbarie da guerra civil e o conseguinte atraso cultural e político que vai dende o 39 ata o 75; non.Tamén en Galiza -entre eles,eu,que son xoven- sufrimos ese baleiro producido por unha historia contada pra non recordar vellos problemas e disputas.Esta Galiza, ten pulsión evasiva, pero non é só culpa dos galegos mesmos, senon dos seus órganos de goberno, incapaces de crear futuro, e que aínda por riba, xa se encargaron -disque- de borra-la dolorosa memoria dun pasado relatado a medias.¿Cómo non vai se-la anguria existencial -pregúntome eu- , a desconfianza e o humorismo a nota característica dun pobo que non pode atoparse no presente?, ¿e que pode atoparse, ou mesmo ser autónomo e dono de sí mesmo, un pobo baleiro de pasado e necesitado imperiosamente de futuro?,¿realmente pode?.Isto, claro está, son preguntas retóricas.

Eu, que nacín no 78, despois dese pacto constitucional que -disque- solucionou tódolos problemas das Españas, fago un exercicio de memoria -pois preciso a memoria coma un peixe a auga- e doume de conta de que o meu pasado está espallado polos máis remotos lugares de Europa : a amizade dun músico que tenta busca-la súa vida en Madrid, a amizade dun modesto e eficiente carpinteiro que se vai ás Canarias, a amizade dun obreiro que tenta recuperarse da súa dogrodependencia nun centro de Ferrol, a amizade de tantos outros compañeiros que tiveron que pasar pola mesma situación...e moitos casos máis que podría enumerar, pero que non fago porque eu son dado a ter poucos pero bos amigos.Deixémolo.

Seica o agro carece de xente xoven, ¿ónde está e ónde vai esa carencia de forza de traballo no agro?, e se vai ás cidades, ¿qué pasa cós que saen ó estranxeiro, sexan do rural ou do urbán?, ¿pode ser concebíbel que un país, cuxo motor económico reside -nestas circunstancias socio-políticas- no agro e no mar teña unha notábel carencia de forza de traballo nestes sectores?, ¿cómo se pode concebir que as zonas rurais, que gardan todo ese tesouro traducido en recursos, sexan precisamente as máis afectadas pola emigración?, é máis, se unha persoa non pode saír adiante no rural, e acode á cidade, e máis logo emigra ó estranxeiro, ¿ónde está ese benestar, esa Galiza próspera e leda?.Esa Galiza ideal que debuxa o señor Iribarne balbucea cando un baixa ó cotidiano e lle pregunta : ¿cómo estás,Galiza?.

Actualmente, os órganos de goberno, os medios e a fraxilidade da memoria, converten o relato histórico nunha historia digna da horterada católica tipo "La casa de la pradera".Formatean a sensibilidade política e cotidiana das novas xeracions e propóñenlles un punto de partida baseado na fórmula do que eu chamo o "olvido consensuado"; así nos loce o pelo, claro.A castración si cabe é maior, poisque si antes os mozos con apuros acodían ó caixón da memoria popular e colectiva dos seus avós pra entende-los seus problemas, agora a conversa interxeracional caseque nin existe, mírase ós ancians coma si fosen seres ós que a morte chama irremediablemente, máis son os que máis nos poden axudar a non caer no erro da historia contada ó estilo moderno : ese termo saxón chamado "public opinion" que -si non me equivoco- é creada por quenes teñen tempo e cartos pra financiar un periódico e pra espalla-las "novas ideas" a partires das cales se rexirá o mundo.Esas "novas ideas" carecen de cotidianeidade e humanidade, interpretan o mundo dende enriba, pero non abre o caixón da memoria : se fixesemos unha comparanza entre a España Franquista dos anos 60, que presumía do seu pulo económico, e esta Galiza, ¿qué temos?, !voilá! : en Galiza tamén se fala de pulo económico, de riqueza, o caudal aumenta pero a xente amigra.Na España dos anos 60, o caudal tamén aumentaba, pero a xente emigraba, namentres os europeos de tódalas latitudes e países viñan DE TURISMO a España.¿Será porque "Spain is different"?, como diría Fraga, nese rimbombante reclamo que se inventou para atraer turismo cando era ministro con Franco.¿Será porque os españois eran moi goapiños?, ou será...porque España era un país BARATO e os europeos éranlle máis ricos ca nós, señor Manoel?.Nesta Galiza, os galegos tamén emigran, adícanse ó secularizado deporte do turismo forzado que vostede lle impón coas súas políticas.Namentres, vostede di que a "riqueza global" crece : cómo, para qué e para quen, xa non llo sei.Vostede saberá.

Un pobo prospera se a xente que o conforma non ten necesidade de emigrar, quen emigra non decide de maneira autónoma, decide obedecendo ó imperio da necesidade, ante a imposibilidade de poder ter uns condicionantes materiais que lle impiden acadar esa emancipación, esa autonomía.Cando alguén emigra, decide facelo por instinto de supervivencia, pola búsqueda dunha vida mellor e pra fuxir dun malestar espiritual e material -pois ámbalas cousas se complementan- que o proe no seu propio lar.Decide buscar o traballo que non atopa.¿Supero Galiza esta circunstancia?,non.Entón non se pode falar de progreso.

Un pobo prospera se posue emprsa con solvencia económica e -non dependente- das decisions económicas doutras empresas foráneas; se mal non me acordo, o escándalo da parmalat estivo a piques de afectar aquí a Clesa, sí, a Clesa.Manda truco...poisque as bancarrotas en Italia teñan consecuencias en Galiza, xa é significativo.¿Posue entón Galiza enteiramente este paradigma de empresa non dependente?, poucos casos, e de tódalas maneiras, non é suficiente.Entón,non se pode falar de progreso.

Un pobo prospera si posue órganos de goberno con verdadeiro poder coercitivo sobre a riqueza xerada, si eses órganos de goberno distribuen o PNB e mailo PIB tendo sempre en conta que o mundo é algo máis ca cementro,obras públicas e estradas, o mundo tamén o conforman persoas.¿Coincide Galiza con este paradigma?, non.Entón, non se pode falar de progreso.Un pobo prospera se o sistema tributario obedece ó principio de equidade : os que máis xeran, contribuen máis; os que menos xeran. contribuen menos.Segui-la lóxica inversa no sistema tributario xa se sabe o que consigue : consigue que os que máis xeran progresen mais rapidamente e que os que menos xeren se estanquen ou -con sorte- se manteñan; consegue -para andarmos sen eufemismos- que a concentración de capital se vaia focalizando nun estrato cada vez máis pequeno da sociedade, o que dificulta xa que logo a movilidade e axilidade do fluxo de capital para atender ás necesidades sociais e máis tamén contribue á aumenta-la enorme brecha entre favorecidos e non tan favorecidos.¿Aplícase este sistema tributario en Galiza?, non.Entón, non se pode falar de progreso.

Un pobo prospera se é realmente autónomo, se se obedece a sí mesmo, poisque a autonomía consiste en obedecerse dende dentro, por propia vontade, endexamais por imposición dende fora...pra que así non haxa que tomar decisions baixo o susodito imperio da necesidade.Iso é verdadeira autonomía, señor Fraga; a non ser que vostede e certos persoeiros coñezan a esencia desta palabra moito mellor que inmanuel kant, que a estas alturas xa non me sorprendería...poisque os reaccionarios disque teñen un diccionario só pra eles e tentan meterllo na cabeza ós demais.¿Obedécese Galiza a sí mesma ou depende de moitas decisions de índole socio-económico foráneas?, todos sabemo-la resposta.Ben,entón non cabe tampouco falar de "progreso" neste eido pra Galiza.Un pobo prospera se posue medios de comunicación plurais e transparentes, non simulacros do NO-DO franquista nin clientelismo político dentro dos mesmos.¿Obedece Galiza a este paradigma?.Non, entón non cabe falar de progreso.

Un pobo progresa se representantes, sindicatos, empresarios e accionistas falan entre sí á hora de tomar decisions de índole socio-económico que afectan a tódolos estratos sociais.¿Cúmplese este "modus operandi" en Galiza e mesmo fálase dela na xunta, ou sexa, en Galiza?.Non, entón non cabe falar de progreso.Un pobo prospera se os seus recursos clave e base -no noso caso o mar e maila terra- non sufren a especulación das distribuidoras e se o seu traballo físico é suficientemente valorado pra acada-la renda suficiente pra garantizar autonomía á célula familiar; nas zonas rurais, espacio físico onde se extraen estes recursos, persiste a emigración, do cal pódese inferir que quen emigra, busca a renda que a célula familiar non pode acadar por sí mesma; a familia non pode acadar a renda suficiente pra non disgregar ós individuos que a integran.No rural hai moitas familias cuxos vínculos directos están disgregados por todo o globo; certo é que non hai que rendir apoloxía á familia e que un individuo pode ou non emanciparse da súa cando e como queira, máis o que intento dicer e que esa disgregación non é autonoma nin libre, non se pode calificar de decisions autónomas aquelas que se toman baixo o imperio da necesidade...e volvemos sempre á mesma palabra,señor Fraga:Autonomía, busque ben o seu significado no diccionario.

Un pobo progresa si os recursos da súa terra xeran renda pra moderniza-la súa producción, si o cooperativismo ten unha aplicación eficiente e axuda a triplica-la producción e a calidade do producto, si permite dividi-lo traballo e disminui-las horas de dedicación de cada individuo ó coidado da terra.Esta teima polo cooperativismo non é unha teima digna de marxistas caducos, señor Fraga; é unha teima que obedece a razons de eficiencia técnica e que pode ser probada cientificamente.Deixe as súas anteolleiras ideolóxicas pra outros menesteres.Un pobo progresa, si as distribuidoras que tasan os prezos deses productos -e por ende, o valor do traballo físico do campesiño ou do mariñeiro- non se adican á especulación e o fariseismo; pois non se lle pode chamar outra cousa a quen tasa por catro pesos o que logo vende a mil no mercado.¿Tomou vostede cartas no asunto neste tema algunha vez?, non; vostede fai cos recursos de Galiza o que as putas -con perdón pra tan honesta profesión- fan cos seus clientes: abrirse de pernas e "deixar facer ó mercado", ou o cliente...que é o mesmo.

Pois así é, Señor Fraga, como comeza a prosperar un pobo; cando dispón de autonomía política, cando fai que a democracia sexa algo máis que meramente representativa e un pouco máis participativa.Cando o seu poder lexislativo non obedece a outro poder lexislativo, poisque entón deixa de ser autónomo pra seren dependente; ¿pódese chamar autónomo a quen ten que lexislar pedindo permiso a un superior?, témome que non.Entón, non se pode falar de progreso.Un pobo prospera cando realiza a súa propia identidade, identidade que ten que ser plural, como a sociedade civil mesma, identidade que é máis cun feito político-administrativo, é un feito cultural; cando ese pobo non ten respaldo económico pra ese desenrolo da propia identidade e se encontra cun impedimento político; ben porque os seus políticos non queren saber nada do "folclore" ou dos seus escritores e poetas, ben porque hai artistas que piden sitio ou sisten estar marxinados, ben porque o mercadillo pseudo-cultural se homoxeiniza ofrecendo todo e nada...entón, non se pode falar de progreso.

Galiza, señor Manoel, o que é dentro súa...non progresa ren.Nembargantes é un país filántropo e ofrece tódolos seus recursos a calqueira carca que se quera aproveitar da súa riqueza.Vostede, como non, concibe o progreso de Galiza como un inocente altruismo que consiste en dar sen pedir nada a cambio.Ese altruismo, señor Fraga, pode estar moi ben para a vida privada dun, pode estar moi ben como código ético para a cotidianeidade; pero deixeme dudar da súa eficacia ou da súa validez nestas circunstancias; xa seremos filántropos cando podamos ser autónomos e libres para poder levar a cabo esa "filantropía".Namentres, pode seguir comparándome co demo, poisque a estas alturas debe ser o único colega co que podo conversar, e non vexa que consellos máis bos me dá.Galiza podería progresar, señor Manoel, se vostede se vai.Podería progresar se o PSOE fose máis socialista e un chisco máis Galego; e digo GALEGO, non CORUÑÉS, por se me está a oir monsieur Paco Vázquez.Galiza poderóa progresar se vostede non gozase desta abafante maioría, se non fixese un uso abusivo do poder lexislativo, se tivese un parlamento plural e dialogante, non constutuído polo horroroso síndrome do bipartidismo.Podería progresar Galiza con transparencia e información nas contas, e sobre todo, podería progresar se a pesares da diferencia entre os proxectos de tódolos partidos da cámara, houbese un acordo e un intento de converxencia entre tódalas forzas políticas pra buscar un punto de converxencia nos seus proxectos. ¿Pra qué? -dirá vostede- , pois pra mirares por Galiza...e non por Canadá, por Francia, por Bélxica por Estados Unidos ou por outros coleguitas que acoden a vostedes pra levar a cabo o que outras persoas lle pedimos aquí en Galiza.E que conste que nada teño en contra destes países, ó contrario, seguramente máis dunha vez estiven a disfrutar con Stendhal e máis outras plumas de Francia, coido que vostede estará máis ocupado coas teses económicas dese "pajaro" do FMI chamado Milton Friedman.

Vostedes prefieren dar competencias a un Canadiense que coñecen nas súas segredas paparotas por Santiago, que atender a un xoven empresario galego do rural que acode inocentemente ó ministerio de agricultura cun proxecto pra impulsa-lo cooperativismo na súa comarca.E pode ser, señor Fraga, que vostede se sinta galego, e non llo negamos -aínda que o dudamos- , máis outros entendemos a galeguidade doutra maneira moi diferente a vostede.Se é reaccionario quen chama antipatriota ó que acepta a diversidade sen negar a identidade, tomando como punto de referencia a España.Reaccionario será tamén vostede, señor Fraga, que nega a identidade ós galegos que entendemos a identidade galega dunga forma plural, en Galiza. Faga un esforzo pra entender isto, porque eu, que non estou tolo -de momento- sei do que falo.Se aznar chamou ata o de agora antipatriotismo á diverxencia; vostede leva facendo o mesmo en Galiza xa fai moito tempo.A mosca cambia, pero a merda segue a ser...a mesma; que diría un castizo.

Ren máis,saudos.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                


Respuestas (0)
  • Mirando (corrección) - El brecht de la península Galaica - 31/03/2004 13:27
    • » Carta honesta a Manuel Fraga « - Theodor - 2/04/2004 21:47



Volver al foro

Responder


Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Notificar por e-mail respuestas.
Mensaje