 |
Galicia somos nós: a xente e mais a fala Si buscas a Galicia en ti tes que atopala. Manuel María musicado por Suso Vaamonde.
TRABALINGUAS Primeiro viñeron polos tatexos e puxéronos tesos (os demais quedamos calados). Aos zarabetos déronlles candea coa man chea (os demais quedamos calados). Despois viñeron polos que falan coa boca chea e puxéronnos a xaxún, a todos menos a un (os demais quedamos calados). Aos falabaratos racionáronlles as palabras, e a cada tres tiñan que dar un traspés (os demais quedamos calados). Cando viñeron por nosoutros e quixemos falar decatámonos de que eramos mudos. XELÍS DEL TORO.
|
| |
|