Mensaje enviado por:
![]() ![]() ![]() ![]() |
|
![]() |
Tiña eu razón que era unha pena que non nos contárades o que sentírades con esa explosión de natureza da que puidéchedes disfrutar. Pois non soio disfrutáchedes da neve, segundo a reportaxe fotográfica, tamén o rebrote da primaveira deixouvos un pouco alucinados. Que conste que coa túa descripción me puxeche os dentes largos , de envexa, pois xa me gostaría a min estar con vos esa noite. Esas toleadas soio se fan de vez en cando e teñen que darse as circunstancias. E ún que xa non está para moitas toleadas, para facelas ten que estar con alguén máis tolo. Si é posible, non estaría mal que colgaras algo do video que fixéchedes esa noite. Ese si que podía ser unha excursión turística de moita categoría e cun guía, Manolo de Perucho, de máis categoría ainda. Repito ¡Que envexa!. Un saúdo Gonzalo |
Responder