Mensaje enviado por:


Borrar Mensaje Goroca   

email 
www 

Fecha  25/07/2008 18:35
  • Host: No mostrado/ Not shown
  • IP: No mostrado/ Not shown
  • Navegador: Netscape 5.x
  • S.O.: Windows XP


O “Val do Rao”, límites e pobos que o conforman

Mensaje
O “Val do Rao”, límites e pobos que o conforman

Queridos conveciños e amigos do Val do Rao (espero que me permitades esta licenza de considerarme conveciño, ainda que non nacín nin resido no Val, pero, como dícía o outro, sí me caeron os dentes de leite e me fixen algo home, respirando os aires do Val. Eu considero conveciño a todo aquel que ten as súas raices, tanto físicas como sentimentais, nalgún dos pobos do Val, sexa ou non residente), escribo este artigo porque gostaríame saber se todo o mundo está de acordo co seguinte:

Como algún de vós podería comprobar, na Festa da Nosa Señora, da Parroquia de Rao, no ano 2007, había unhas camisetas que tiñan debuxado un mapa no que aparecían reflexados os pobos, que eu considero que forman parte do Val do Rao. Dado que as camisetas, parece que tiveron moito éxito, animeime a seguir facendo máis cousas. Polo tanto gostaríame coñecer a vosa opinión:
 ¿Estades de acordo en que eses son todos os pobos que conforman o Val do Rao?.
 ¿Falta algún?
 ¿Sobra algún?
Como podedes comprobar eu tratei de seguir os límites físicos, e non os políticos, que limitan o Val do rio Rao, incluidos os seus afluintes.

Adxunto o mapa do Val do Rao.

Por outra banda ¿por que a miña teima co Val do Rao?. Como saberedes, hoxe en día, na Galicia urbana, está moi de moda o tentar facer Áreas Metropolitanas para compartir servizos entre distintos Concellos. Pois ben, si alguén necesita realmente xuntar esforzos para sair adiante son os pobos dos Ancares, e concretamente os do Val do Rao, pois cada vez son menos os habitantes e teremos que xuntarnos para lograr que, ainda que nada máis sexa na memoria, non desapareza. É polo que pido a vosa colaboración para tratar de ir recopilando datos sobre a historia do noso Val.

Comecei por facer ese mapa e agora gostaríame seguir ampliando datos con:
 Nome das casas de cada pobo, existentes ou desaparecidas, cos nomes dos seus moradores.
 Festa patronal de cada pobo, celébrese o non.
 Nomes das fincas e lugares onde se atopan.

Para empezar penso que pode ser dabondo. Posteriormente podemos ir ampliando os datos con outras cousas para tentar deixar memoria do que é e foi o noso Val.

Naturalmente estou aberto a todo tipo de suxestións sobre o tema. Eu plantexo esto como un traballo conxunto dos conveciños do Val do Rao.

¡Ánimo, “querer é poder”, entre todos podemos facer unha cousa bonita. Calquer aportación será importantísima.

Un saúdo
Gonzalo

P.D..- Para contactar comigo podédelo facer a través do meu correo electrónico <goroca@mundo-r.com>, no teléfono 659 79 30 42 ou personalmente cando me vexades polo Val.

Pobos que conforman o Val do Rao

• Envernallúas
• Casas de Muruás
• Extremadoiro
• Prebello
• Asar
• Meda
• Arandoxo
• Pelliceira
• Rao
• Robledo
• Balouta
• Murias
• Coro
• Faquís
• Laxo
• Becerral
• Aigas
• Folgueiras de Aigas
• Traserra
• Travadelo
• Cernada
• Tabillón
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               







Volver al foro

Responder



Nombre / Nick
EMail
Subject / Titulo
Link a tu Web
Recibir un email
     cuando mi mensaje sea contestado

Mensaje