Mensaje enviado por:


Borrar Mensaje “O Coea”, en “Alalá" TVG   

email 
www  http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/alala-14-04-2012-o-coea-un-acordeonista-singular

Fecha  29/04/2012 22:57
  • Host: No mostrado/ Not shown
  • IP: No mostrado/ Not shown
  • Navegador: Netscape 5.x
  • S.O.: Windows XP


“O Coea”, un músico dos máis queridos e de maior sona da montaña lucense,

Mensaje
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/alala-14-04-2012-o-coea-un-acordeonista-singular

O equipo de “Alalá” descóbrenos a calidade dun acordeonista singular, porque non hai sitio nos Ancares (Lugo) onde non tocase “O Coea”, un músico dos máis queridos e de maior sona da montaña lucense, chamado así porque Justo Suárez Guerra naceu no lugar de Coea, parroquia de Castañoso (Navia de Suarna), pegado ao río Navia, nun tramo que marca o límite entre Lugo e Asturias: Navia de Suarna e A Fonsagrada por unha parte e Ibias por outra.

No historial de “O Coea” consta que aos 17 anos comezou co acordeón, cun instrumento que lle tocou nunha rifa, de tipo piano, pero que tiña pouco máis dunha oitava, co que xa fixo os seus primeiros ensaios ("Doce cascabeles", "Campanera", etc) e segundo progresaba foi mercando instrumentos máis perfeccionados.

“O Coea” ten un saco de anécdotas que contar sobre as súas experiencias tocando en festas e celebracións de toda a zona da montaña de Lugo, nos Ancares, onde non lle queda lugar onde tocar, por esta razón ten un repertorio moi extenso, forxado co poder da experiencia, de tomar nota do que lle gusta á xente, de estar atento a cales son as pezas de moda.

Justo, que non ten formación académica, fixo por aprender dos que consideraba que sabían máis e aplicando esas observacións para si mesmo; de aí pasou a ser a estrela dos bailes.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                







Volver al foro

Responder



Nombre / Nick
EMail
Subject / Titulo
Link a tu Web
Recibir un email
     cuando mi mensaje sea contestado

Mensaje